Roberto Vidal Bolaño
É o 51 personaxe ao que se adica o Día das Letras
Galegas, que se celebra dende 1963 todos os 17 de maio. O Día das
Letras Galegas empezouse a celebrar porque era o centenario dos
“Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro.
El naceu en Santiago no 1950 e morreu en 2002 con 51
anos. Aprendeu a ler no colexio da Inmaculada onde despois se
converteu nun lector ávido. Aos 12 anos comezou a traballar como
repartidor de racambios de coches. Aos 15 anos estreou a súa
primeira peza de teatro titulada “O Xogadeiro” que anos máis
tarde sería a súa profesión.
Adicouse toda a súa vida a ser escritor de obras de
teatro ou dramaturgo. El tiña admiración por Cunqueiro, Otero
Pedrayo ou Valle Inclán nos que se inspirou para facer algunhas das
súas obras.

